Tuesday 14 de May de 2024

Unha persoa morta nun incendio de madrugada, en Perillo


Unha muller de mediana idade resultou morta esta madrugada no incendio do seu piso, nun edificio plurifamiliar en Beiramar, Perillo, sobre as 3:30h.

Emerxencias de Oleiros acudiu á chamada do 112 xunto cos bombeiros comarcais con sede en Arteixo.

O incendio, de considerable dimensión, obrigou a desaloxar a casa, pero os veciños e veciñas puideron volver a ocupar a súa vivenda unha vez que os operativos realizaron as comprobacións oportunas.

Durante o desaloxo, indicouse a dúas persoas que ocupaban unha vivenda inmediatamente superior á afectada que permanecesen nela, porque non se daban as condicións para saír. Máis tarde xa foi posible e todo se foi normalizando.

A vivenda afectada polo lume quedou inservible. O protocolo xudicial púxose en marcha para estudiar as cuestións que determinaron o suceso.